Ir al contenido principal

Poliomielite

POLIOMIELITE

 QUE É?


A poliomielite é unha enfermidade moi contaxiosa causada por un virus que invade o sistema nervioso e pode causar parálise en cuestión de horas. O virus transmítese de persoa a persoa, principalmente por vía fecal-oral ou, con menos frecuencia, a través dun vehículo común, como a auga ou os alimentos contaminados, e multiplícase no intestino. 

Resultado de imagen de poliomielitis


CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS?


Os síntomas iniciais son:
-Febre
-Cansazo
-Cefalea: dor de cabeza intenso e persistente que vai acompañado de sensación de pesadez.
-Vómitos
-Rixidez do pescozo
-Dores nos membros
Unha de cada 200 infeccións produce unha parálise irreversible (xeralmente das pernas), e un 5% a 10% destes casos falecen por parálises dos músculos respiratorios.


CAL É O SEU DIAGNÓSTICO?



  • Exame físico:
Primeiro habería que realizar un exame físico, o cal implica unha revisión completa dos sistemas. Os músculos respiratorios son examinados para a función como a poliomelite, que afectan á medula espiñal, ó talo cerebral e pode afectar ós músculos respiratorios. Próbanse os reflexos musculares. Reflexos anormais son detectados. Pode haber unha rixidez no pescozo e rixidez muscular das costas. Pode haber dificultade para dobrar o pescozo e a dificultade en levantar a cabeza ou as pernas cando estás deitado sobre as costas.

  • Diagnóstico de laboratorio:
Inclúe exames de sangue rutinarios. Pode haber un número elevado de glóbulos brancos (leucocitose).

              -Exame de líquido cefalorraquídeo:

                   O líquido cefalorraquídeo baña o cerebro e a medula espinal. Este LCR compróbase      mediante unha punción lumbar. A punción lumbar implica a inserción dunha agulla longa e delgada entre as vértebras. Isto fai que unha pequena cantidade de LCR sexa extraída e enviada ao laboratorio para a súa avaliación. Unha vez concluídas estas probas se confirmaría o diagnóstico da enfermidade.



COMO SE PODE TRATAR ESTA ENFERMIDADE?

O tratamento en si da poliomielite consiste na súa prevención mediante a vacina que se debe administrar na infancia. A vacina activa ó sistema inmune para que identifique e elimine o virus da polio do noso corpo se entramos en contacto con el. Por desgraza, se un neno inféctase polo virus da polio non existe un tratamento efectivo chegado a ese punto. Se aparece unha polio subclínica, débese tratar coas medidas xerais que se empregan no caso da gastroenterite (dieta branda, hidratación con soro oral, etcétera) e dun cadro febril viral ( paracetamol e repouso).


Se aparece unha meninxite, deberase comprobar que ten unha orixe viral; se é así, o seu tratamento é sintomático de calquera modo. A dificultade do diagnóstico e a inexistencia dun tratamento eficaz fan que a poliomielite sexa unha enfermidade sen curación e cuxas consecuencias devastadoras sexan inevitables en moitos casos. A súa prevención, por tanto, resulta completamente imprescindible.





Paula Alonso Vázquez














Comentarios